
Benvida do Presidente de AGAPEMA
Durante séculos millóns de peregrinos teñen viaxado cara o oeste seguindo un dos camiños culturais máis importantes do mundo: o Camiño de Santiago. Nos últimos anos a tradición foi cambiando e os peregrinos continúan a súa viaxe máis alá do seu destino inicial, na procura do Atlántico, ao que atopan na “fin da terra”. As JAEM, seguindo a senda dos peregrinos, continúan viaxando cara o oeste, camiño do Atlántico: Mallorca, Cartagena, Madrid e, agora, A Coruña.
Esta fermosa cidade, practicamente rodeada polo océano, foi elixida pola FESPM como sede da 19ª edición das JAEM, que terá lugar entre o 3 e o 6 de xullo de 2019. En AGAPEMA somos coñecedores da enorme responsabilidade que supón a organización das JAEM, traballo ao que nos enfrontamos cunha actitude e unha idea presente en todas as nosas actividades e accións: sumar.
Sumar ilusión, combustible imprescindible para facer funcionar unha maquinaria tan complexa como a que necesitaremos para organizar este evento.
Sumar esforzos, sabendo que só acadaremos o noso obxectivo co traballo de moitos, valorando a importancia de cada aportación, por pequena que poida parecer.
Sumar ideas, sendo conscientes de que con elas somos quen de cambiar a realidade educativa dos nosos centros e, o que é máis importante, do noso alumnado.
Sumar persoas, profesoras e profesores implicados na mellora da educación matemática. De cada unha delas será o mérito de ter conseguido facer das JAEM de A Coruña un encontro fructífero e inesquecible.
Sumar a vosa participación, compartindo momentos cos compañeiros e compañeiras que chegarán a Coruña para ensinar, aprender e colaborar, intercambiando experiencias, proxectos, recursos, vivencias, etc.
Confiamos en que a suma destes elementos, e dalgún outro non menos importante, como a hospitalidade de A Coruña, a amabilidade das súas xentes, o océano que a envolve, farán das 19 JAEM un encontro satisfactorio e inesquecible, tanto dende o punto de vista profesional como persoal.
Dende AGAPEMA invitámosvos á Coruña, a convertervos nunha peza máis dese gran mosaico que serán as 19 JAEM.

Julio Rodríguez Taboada, Presidente de AGAPEMA
COÑECE AO COMITÉ ORGANIZADOR

José María Barca
IES de Valga,
Valga

Andrés E. Cabana
IES Salvaterra de Miño,
Salvaterra de Miño

César Docanto
IES David Buján
Cambre

Julio Ferro
Xubilado

Pila García
IES Nº 1 de Ordes,
Ordes

Marina Germiñas
IES Plurilingüe Aquis Celenis,
Caldas de Reis

Isabel Miguélez
Xubilada

Luz J. Mouzo
IES Maximino Romero de Lema,
Baio - Zas

Mª Cristina Naya Riveiro
Facultade Ciencias da Educación UDC, A Coruña

Miti Peñamaría
Xubilada

Marisol Pérez
IES Miraflores,
Oleiros

Andrea Piñeiro
CPI Covaterreña,
Baiona

Víctor Pollán
Xubilado

Julio Rodríguez
CPI dos Dices,
Rois

Covadonga Rodríguez-Moldes
IES de Mugardos,
Mugardos

Sandra Sambade
IES de Pastoriza,
Arteixo

Enrique de la Torre
Facultade Ciencias da Educación UDC, A Coruña

Manuel Vilariño
IES Perdouro,
Burela